Estou no espazo da
exposición,
diante de min as imaxes emerxen
das paredes,
e un labirinto de cor
esboza un arco da vella,
que me leva a cálidos
lugares de luces
sen sombras, de cantos
sen murmurios,
de sol sen nubes e ceo
estrelado na noite.
Vírome e vexo no interior
do cadro,
uns pescadores que lanzan
as súas redes
por riba do brelo do mar
coas súas ondas,
noutro, os edificios da
cidade
iluminan as ventás coa
vida dos seus ocupantes,
mais alá hai outro que
parece mostrar
a danza dos nativos nunha
praia.
Todo o conxunto puidera
ser o soño
dun caloroso e longo verán,
facendo que o visitante
entre
na ilusión do que expón a
súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario