Chegou o outono a miña
casa
anegando todo de
humidades externas
e atopábate preto nas
longas noites
que sen selo daban
escuridade desde o comezo do día,
envolvéndome co seu manto
de finísima choiva.
Xa sei que a ti tamén che
gusta esta caricia que a auga morna
parece darnos co cariño
do ecosistema,
que como a min, non che
importa mollarte un pouco e sorrirlle ao tempo,
que aos dous sedúcenos a
paisaxe dos verdes sobre os grises,
das cores das poucas
flores que quedan, emerxendo
coma o fan tamén a gran
variedade de cogomelos
e coma coa brétema
afloran os recendos do bosque e da terra mollada.
Todas as estacións son
fermosas, hai que atopar o seu encanto,
pero sen dúbida todas nos
deixan ese sabor garrido da natureza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario