Cando non oias o ruído
dos meus pasos,
cando o meu silencio parézache
enxordecedor,
entón,
so entón,
saberás que me extinguín.
Como a luz que agoniza ao
chegar a noite,
como a vela a que xa non
lle queda mecha
sobre a cera que se
derrama,
como o camiño que quedou
cuberto de herba
e maleza por falta de
uso.
Porque presinto que o meu
tempo esgótase,
e non son dos que
recollen memoria do ouvido,
porque son moitos os
carreiros que percorrín
e o seu po pesa demasiado
sobre os meus ombros,
porque son tantas as
follas mortas que deixei caer,
que a miña arbore non lle
queda xa ningunha con que taparse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario