Sempre te fas de rogar e
esperas a que eu te chame para dicirme
esa frase que tes preparada,
“agora mesmo ía chamarte eu”
ben, pois hoxe non te chamo, a ver qué
pasa.
Distráiome co ordenador ,
escaravellando no cosmos cibernético
e quédome cas magníficas paisaxes
que as miñas xanelas me brindan:
o sol que se ve fuxir a través do estor,
coma un faroliño chinés ao lonxe,
os maxestosos eucaliptos míranme
desde a súa altura sen mover unha folla,
os paxaros que nesta hora xa non trinan
pasan veloces buscando o seu dormitorio e
os felinos amigos desfilan cara ao seu.
Vou prender as luces para que a lo menos
os ollos do corpo poidan ver algo e
iluminen ao cerebro.
Xa non hai dúbida, algo fixemos mal
para que teñamos que andar mendigando
un pouco de cariño ou tan so un pequeno recordo,
aínda que tal vez sexa mellor pasar
desapercibido.
Certo, son feliz pensando que non ocupo
espazo
na memoria de ninguén e que non molesto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario