En vo pero atada a min



Non sei como o fas, como consegues
chamar a miña atención, terme pendente de ti.

E que conseguiches que me crea que podes facer todo,
que so pense en ti como a miña única preocupación,
que se me faltas un so intre,
os meus sentidos búsquente por todas partes,
que se meus ollos no te ven, nin ulo o teu perfume,
a miña voz chámete desesperada ata que o tacto
dos meus dedos consegue asegurarme a túa presenza.

Quérote e preciso dicircho a cada instante,
de viva voz ou con os meus bicos,
acariñándote ou estando preto de ti,
para notar ese puro amor que brota no teu sorriso.

E é que sempre quixeches voar,
como cando te collo cos meus brazos a os teus en cruz,
para que non podas alongarte con esas as de ánxel
e aínda que alces os pes do chan síntaste atada a mín.

No hay comentarios: