Mañá cando o sol de novo
me mande a súa luz,
xa non estarás comigo,
xa meus brazos non
alcanzaran os teus,
nin os nosos beixos
acariñaran a pel amada.
Por iso meu amor demúdate
e déitate ao meu carón,
quero sentirte e que me
sentas con cada poro
de nosos corpos,
que este abrazo quede
gravado nas sabas,
para que cando esté so
siga sentíndote.
Dáme teu amor e toma o
meu,
que os nosos bicos
inunden as carnes e
afoguen o noso alento.
Amémonos unha vez máis
coma se fora a última,
que nos queda,
para que as gañas de
volver a vernos,
sexan máis fortes e fagan
que abreviemos o tempo
sen a presenza do un no
outro,
para que mañá nos amemos
na distancia,
desexando atoparnos de
novo e recrearnos
no sorriso reflectido nos
ollos do outro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario