Non me decatei da túa
idade nas tibias mañás dos sábados,
cando lentamente removía
o café para non desfacer o corazón
que con xenerosa mestría compuxérame
Sandra na crema.
Aínda que vin a túa antigüidade
no piso denriba,
nin se me había ocorrido
pensar que os bares tamén cumpren anos,
certamente estás coma
sempre e non se che nota o paso do tempo,
tal vez Ángel envorca o seu cariño en ti para que teñas boa presenza.
Sabes? sempre sentín unha
gran admiración
polo ben que expós os
traballos artísticos de fotógrafos e pintores,
sen dúbida non hai sala
mellor relacionada coa natureza e a arte.
Oh! non esquezo que tamén
das cabida a outras formas de cultura e
xa vin como buscan un
rincón iluminado para ler un libro
ou para ollar o periódico
mentres toman algo.
É ben certo que nas túas
paredes converxen fermosas mostras
que as ilustran en diversos estilos
e síntome enriquecido
cando te visito e formo parte do teu contido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario