O meu desfibrilador




O meu desfibrilador

Teño que pedirche perdón
meu amor máis feiticeiro,
porque este meu corazón
éche un pouco mentireiro,
desde que lle implantaron nova enerxía,
non o controlo é el quen di a quen quere
e cando latexa máis ou menos,
éche el o que empurra ao corpo
para darlle un bico as mulleres,
e nas apertas…,
nas apertas acelérase e fai inchar o peito.

Sabes que cando vou contigo
mándalle á cabeza que xire
para mirar ás rapazas que pasan,
eu só quero verte a ti miña xoia!
pero é el quen puxa aos músculos e vírame os ollos,
este trebello calquera día dános un desgusto!
porque ti pensas que son eu quen bole, quen mira,
quen lle chusca o ollo ás mozas e non é así miña raíña!
É o músculo este que co marcapasos marca o que se lle antolla,
non o podo suxeitar e fai todo canto quer…,
eu súfroo.

No hay comentarios: