Tal vez, son demasiado romántico,
pero a quería tanto!
pregunteille ás flores e a margarida dixo
non,
que sacrificaba os seus pétalos, pero ela
non me quería,
as rosas volvíanse cando as miraba
e caíalles gotas, quizais do orballo.
Mirei ao ceo e ao punto encheuse de
nuboeiros,
o mar, se o viras! encrespaba as súas
ondas,
non sabía a onde mirar, nin onde meterme,
oín unha suave música e entrei nun templo.
Cando saín todo estaba en calma,
das arbores chegaban trinos,
entón souben que había fuxido
e non me doeu nada,
dos meus ollos non saíu ningunha bagoa,
nin a miña boca musitou palabra,
era o adeus definitivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario